deseños minúsculos valores maiúsculos
os nosos deseños están comprometidos coa educación e coa cultura, cren na colaboración entre profesionais de distintos ámbitos e confían na sinxeleza para potenciar a imaxinación. por iso, partimos de conceptos moi simples para desenvolver os nosos obxectos, implicamos a ilustradores, artesáns, músicos e deseñadores para aportar valor aos nosos productos e impartiremos talleres para fomentar a cultura entre os máis cativos, mediante técnicas e procesos creativos. os nosos produtos están comprometidos coa sostenibilidade e co medio ambiente, aportan por uns consumos responsables e por defender os dereitos laboráis e humanos. por iso, desenvolvemos os nosos productos, integramente, en galicia. por iso, asegurámonos de que as nosas madeiras proveñen de plantacións sostibles. e por iso, nos preocupamos de que parte dos nosos beneficios se destinen a aqueles que non teñen acceso ao máis básico.
os nosos produtos están comprometidos. como o estarán os nosos fillos.
obxectos que inspiran obxectos que alimentan
en cucuducho, cremos que os nenos son seres máxicos e extraordinarios que poden cambiar o mundo (aínda que as veces non pronuncien ben as palabras). ensinalos, estimulalos e confiar neles será fundamental para que se convirtan en adultos que comparten a súa vida cos nenos que algún día foron. e desde cucuducho, intentamos aportar o noso graniño de area para que isto se leve a cabo.
por iso, creamos produtos para os máis pequenos que inspirarán aos seus maiores (país, nais, avoas, avós, madriñas, padriños, tíos, tías, profesores e cans). un cucurucho sempre nos agasalla algo. un sorriso, un sabor, unha emoción… un cucurucho sempre contén unha explosión de detalles que che alegran o día. un cucurucho é algo simple. un cucurucho é o gorro que che invita á festa. un cucurucho é a antorcha que che guía na aventura. o catalexo que te advirte do perigo. o nariz que te transforma nun ser extraordinario. e a cabana, a canastra, a pistola, a trompeta… ao fin e ao cabo, un cucurucho non é máis que un simple cucuducho.